Últimas Novas

A Pobra segue no nivel medio-baixo de restricións

A Pobra segue no nivel medio-baixo de restricións

Ás 00.00 horas deste 14 de maio de 2021 entra en vigor a aplicación dun novo Diario Oficial de Galicia (DOG) con relación á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

A Pobra do Caramiñal segue no nivel de restrición media-baixa.

Restricións específicas de mobilidade aos concellos que se atopan no nivel máximo.

Nos establecementos de hostalaría e restauración, no interior establécese a limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. Non se poderá prestar servizo na barra. Nas terrazas ao aire libre: limitación ao 75% das mesas permitidas. Horario do peche ao público estipulado nas 23.00 horas. Horario do peche ao público dos restaurantes ás 01.00 horas sempre que cumpran os requisitos que se determinen no marco do Plan de hostalaría segura. Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 01.00 horas e a entrega no domicilio ata as 01.00 horas.

Límite nos establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais ao 50% da súa capacidade. O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes coma persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de se se reúnen en espazos pechados ou abertos. Entre as 01.00 e as 06.00 horas, tanto en espazos públicos pechados e abertos coma en espazos privados, exclusivamente persoas conviventes.

Páxina web sobre datos do coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia

Máis información sobre as medidas que comprende este nivel de restrición: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa

Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) correspondente: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210512/2643/AnuncioC3K1-120521-2_gl.html