Últimas Novas

A Pobra sumouse aos actos conmemorativos do aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

A Pobra sumouse aos actos conmemorativos do aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

22 Novembro, 2022

A Pobra do Caramiñal foi un dos concellos nos cales se procedeu co izamento da bandeira galega no 19 de novembro para conmemora-lo aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala.

Na localidade, o acto estivo organizado conxuntamente pola Concellaría da Memoria Histórica, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), e Vía Galega, para pór de manifesto os sinais de identidade do pobo galego.

O lugar elixido foi o paseo dos Areos, nas proximidades do IES.