Últimas Novas

ADIADAS ATA UN NOVO AVISO: “A Pobra xacobea”: visitas teatralizadas, domingo 15 de marzo e xoves 19 de marzo, ás 12.30 h dende os Xardíns Valle-Inclán

ADIADAS ATA UN NOVO AVISO: “A Pobra xacobea”: visitas teatralizadas, domingo 15 de marzo e xoves 19 de marzo, ás 12.30 h dende os Xardíns Valle-Inclán

O CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL INFORMA DE QUE ESTAS VISITAS GUIADAS SE ADÍAN ATA UN NOVO AVISO, por precaución sanitaria por mor do coronavirus. DESCULPEN!

 

            As próximas rutas teatralizadas serán domingo 15 de marzo de 2020 e xoves 19 de marzo, día festivo; sempre a partir das 12.30 h (dende os Xardíns Valle-Inclán).

É certo que tódalas visitas co Serafín Marcos son diferentes, pero, nesta ocasión, no domingo 15 de marzo coñeceremos máis a fondo a historia xacobea do Caramiñal e, no xoves 19 de marzo, a do Deán.

Ven coñece-la orixe xacobea da vila dunha forma entretida e divertida!

Esta actividade enmárcase dentro do programa O teu Xacobeo, unha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante 2020, anticipando o Xacobeo 2021.

A actividade é gratuíta e apta para tódolos públicos!

Esperámoste nos Xardíns Valle-Inclán!