Últimas Novas

A Pobra xacobea: visita gratuíta teatralizada pola vila, domingo 23 de febreiro ás 12.30 h

A Pobra xacobea: visita gratuíta teatralizada pola vila, domingo 23 de febreiro ás 12.30 h

         Domingo 23 de febreiro de 2020 teremos ás 12.30 h outro percorrido teatralizado polas rúas da nosa vila, con Serafín Marcos. Sairemos dos Xardíns Valle-Inclán.

Queredes coñece-la orixe xacobea da vila dunha forma entretida e moi divertida? Cada visita é diferente!

Esta actividade enmárcase dentro do programa O teu Xacobeo, unha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante 2020, anticipando o Xacobeo 2021.

A actividade é gratuíta e apta para tódolos públicos!

Non a perdades!