Últimas Novas

“A Pobra xacobea”, visita teatralizada pola vila con Serafín Marcos, domingo 22 de setembro ás 19.30 h

“A Pobra xacobea”, visita teatralizada pola vila con Serafín Marcos, domingo 22 de setembro ás 19.30 h

Neste domingo, 22 de setembro de 2019,  unha vez máis poderemos gozar dunha visita teatralizada da man de Serafín Marcos: A POBRA XACOBEA!

Un percorrido pola Pobra do Caramiñal e os seus lugares relacionados co Camiño na Pobra do Caramiñal.
Esta actividade está enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo”, unha programación social e cultural que transcorre por toda a xeografía galega durante 2019 e 2020, anticipando o Xacobeo 2021.