Últimas Novas

A Pobra xacobea: visita teatralizada sábado, 12 de outubro ás 19 h con Serafín Marcos

A Pobra xacobea: visita teatralizada sábado, 12 de outubro ás 19 h con Serafín Marcos

Debido á alta probabilidade de choiva para domingo, a visita teatralizada de Serafín Marcos adiántase ó sábado, 12 de outubro de 2019.

Cada visita é diferente da anterior, así que non dubidedes en vir pasar un bo serán con tod@s nós. Sairemos ás 19:00 h dos xardíns Valle-Inclán.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo”, unha programación social e cultural que transcorre por toda a xeografía galega durante 2019 2020, anticipando o Xacobeo 2021.