Últimas Novas

“A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, 30 de decembro ás 18.30 h no teatro Elma

“A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, 30 de decembro ás 18.30 h no teatro Elma

30 de decembro de 2019 ás 18.30 h no teatro Elma

A Xanela do Maxín  presenta A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que o público empatice coa toupiña, ferida no seu orgullo.

Nenas/os e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural coma a vida mesma e que, non obstante, nin sempre aparece en escena.

Entrada libre ata se completa-la cabida do local

Estas actividades están organizadas pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.