Últimas Novas

A unidade móbil para a doazón de sangue estará no 23 de novembro na Pobra

A unidade móbil para a doazón de sangue estará no 23 de novembro na Pobra

A unidade móbil para a doazón de sangue estará o luns, 23 de novembro, na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior) cun horario establecido de 16.00 a 21.00 horas. Unha pequena acción que pode cambia-la vida de moitas persoas.

Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e, despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, débese asistir coa tarxeta de doazón, DNI ou un documento similar. No caso de tomar algún medicamento, é preciso informa-la médica ou o médico.

Para maior seguridade, solicítase pedir unha cita previa no 900100828.