Últimas Novas

“A verdadeira historia de Hamelín”, xoves 20 de agosto ás 18.30 h na praia dos Areos con Mere Clown

“A verdadeira historia de Hamelín”, xoves 20 de agosto ás 18.30 h na praia dos Areos con Mere Clown

   Pensades que coñecéde-la verdadeira historia do frautista de Hamelín? Pois non vos é así. Neste xoves, 20 de agosto de 2020, Mere Clown vainos contar … “A verdadeira historia de Hamelín”!

     Será na praia dos Areos, fronte á biblioteca municipal Victoriano García Martí, ás 18.30 h

É unha adaptación do conto clásico dirixida especialmente a nenos e nenas entre 3 e 14 anos.

Vai ser sempre obrigatorio o uso da máscara, por precaución sanitaria.

Se o tempo non nos acompañar, será no cine Elma.

Trátase dunha actividade do programa de dinamización da lectura en galego LER CONTA MOITO, da rede de bibliotecas municipais galegas.