Últimas Novas

Aberto o prazo de pagamento en período voluntario do imposto sobre vehículos

Aberto o prazo de pagamento en período voluntario do imposto sobre vehículos

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que xa está aberto o prazo de pagamento en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do exercicio actual. O dito prazo esténdese ata 31 de maio de 2021.

Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19 recoméndase ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.

O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.