Últimas Novas

Aclaración sobre o exposto no DOG do 21 de abril de 2021

Aclaración sobre o exposto no DOG do 21 de abril de 2021

No Diario Oficial de Galicia (DOG) deste 21 de abril de 2021, número 74-Bis, recóllese que se propón que se manteña A Pobra do Caramiñal no nivel máximo, en lugar de baixala ao nivel alto que indican as súas taxas debido “á existencia dun abrocho con, polo menos, 79 casos, en que se identificaron as variantes británica e surafricana, altamente transmisibles, polo que o risco de aumento da incidencia é moi alto.”

O número de casos indicado non quere dicir que o municipio teña actualmente esa cifra, nin que se acadara. Ese dato refírese a tódolos casos vinculados ao gromo da Pobra, pero que inclúe moitas persoas veciñas de concellos próximos.

As dúas variantes detectadas, tanto a británica coma a surafricana, son especialmente contaxiosas, polo tanto o seu control é máis importante. A británica xa é a máis común na área sanitaria de Santiago e Barbanza. Da surafricana detectáronse poucos casos, pero é máis preocupante porque algunha vacina ten unha menor efectividade fronte a esta variante.

Dende o Concello consideramos importante aclara-lo exposto e mandar unha mensaxe á cidadanía de tranquilidade e ánimo.