Últimas Novas

Acto dedicado ao estudantado de 2.° do bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal

Acto dedicado ao estudantado de 2.° do bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal

12 Xuño, 2021

Na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior) desenvolveuse na mañá deste 12 de xuño un acto dedicado ao estudantado de 2.° do bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal, no cal se lle fixo entrega de cadanseu diploma.

Interviñeron o equipo directivo do centro educativo, unha docente en representación do profesorado, dúas alumnas no nome do estudantado e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra).

Contouse coa colaboración de voluntarias e voluntarios da Protección Civil.