Últimas Novas

Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 15 de febreiro

Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 15 de febreiro

Nova actualización da gráfica que reflicte a evolución da pandemia no noso municipio, cos datos incluídos deste 15 de febreiro de 2021, a través de dous parámetros.

En cor verde, represéntase o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Cómpre lembrar que ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.

Neste momento reparamos en como ámbolos indicadores descenden.

Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes. A verde volveuse cruzar coa grosa días atrás, situándose por debaixo desta, e agora esta situación tamén se deu con ámbalas liñas vermellas, pois volvéronse cortar, mais coa media móbil cara a abaixo. De tódolos xeitos, cómpre non baixa-la garda.