Últimas Novas

Actualización da gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 20 de febreiro

Actualización da gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 20 de febreiro

Nova actualización da gráfica que reflicte a evolución da pandemia no noso municipio, cos datos incluídos deste 20 de febreiro de 2021, a través de dous parámetros.

En cor verde, represéntase o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Cómpre lembrar que ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.

Reparamos no descenso de ámbolos indicadores.

Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes. Días atrás, a verde volveuse cruzar coa grosa, situándose por debaixo desta, e esta situación tamén se deu con ámbalas liñas vermellas, pois volvéronse cortar, mais coa media móbil cara a abaixo. Resulta preciso reiterar que cómpre non baixa-la garda.