Últimas Novas

Adíase o contacontos ilustrado e musicado sobre Xela Arias

Adíase o contacontos ilustrado e musicado sobre Xela Arias

28 Maio, 2021
Ilustración de Polo Correo do Vento

Ilustración de Polo Correo do Vento

A Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), informa de que se adía a cita lúdica prevista para a xornada do día 30 de maio ó abeiro das Letras Galegas de 2021.

A actividade en cuestión é o contacontos ilustrado e musicado Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua, a cargo de Polo Correo do Vento; unha proposta pensada para o público máis novo coa finalidade de promove-la lectura, a comprensión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística das crianzas.

Unha vez concretada a nova data, darase conta dela.