Últimas Novas

Adíase o pleno ordinario deste 24 de setembro de 2020

Adíase o pleno ordinario deste 24 de setembro de 2020

Adíase o pleno da corporación que estaba previsto para hoxe debido a que o ”Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento na marxe dereita da ría da Arousa” non puido incluírse na orde do día desta sesión plenaria e obrigaría a convocar un extraordinario só con ese punto. En consecuencia, o pleno realizarase no luns 28, á mesma hora que se especificaba na orde do día.