Últimas Novas

ALARMA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO! Servizo de atención telefónica e en liña do Concello da Pobra do Caramiñal

ALARMA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO! Servizo de atención telefónica e en liña do Concello da Pobra do Caramiñal

            O Concello da Pobra do Caramiñal segue sempre cos servizos de atención psicolóxica e asesoramento xurídico de xeito telefónico e en liña para mulleres en situación de violencia de xénero ou mulleres especialmente vulnerábeis. As mulleres que precisen este servizo poden contactar chamando ó teléfono 981 83 27 64 ext. 2206 dende as  9.00 h ás 14.00 h, de luns a venres, ou escribir un correo a mariajose.perez@apobra.gal ou psicologacimapobra@gmail.com.

No caso de emerxencia, recórdase que debe chamar ó teléfono de atención ás vítimas de violencia de xénero, o 016, a calquera hora do día.

O teléfono 016 é GRATUÍTO e non deixa pegadas nas facturas telefónicas.

(Queda gravado na lista de chamadas no aparato telefónico só ata que se elimina manualmente.)