Últimas Novas

Alumnado da Pobra aprende a darlle unha segunda vida ao téxtil

Alumnado da Pobra aprende a darlle unha segunda vida ao téxtil

17 Xaneiro, 2023
CEP Salustiano Rey Eiras

CEP Salustiano Rey Eiras

O Concello da Pobra do Caramiñal continúa inmerso en novas campañas de sensibilización para o coidado da contorna, nesta ocasión, mediante a reciclaxe de téxtil. A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), relata que alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras e do CEP Pilar Maestú Sierra recibiu no 16 de xaneiro un obradoiro para o aproveitamento de vestimenta en desuso da man de Humana, coa colaboración da Urbaser. Converteron así camisetas en bolsas de tecido e aprenderon a importancia dos tres R: reducir, reciclar e reutilizar.

Previamente a esta acción, no 10 de decembro, a rapazada asistente á Pequetroula tamén puido participar nun taller desta mesma índole e converter calcetíns en monicreques cos cales xogar.

A edil tamén lembra o proxecto de reciclaxe de téxtil existente na Pobra do Caramiñal cunha ducia de colectores específicos repartidos pola súa xeografía para facilita-la separación na orixe e evitar que a roupa e o calzado acaben no contedor xenérico.

CEP Pilar Maestú Sierra

CEP Pilar Maestú Sierra