Últimas Novas

As persoas gañadoras do concurso <i>Choqueirada na casa</i> reciben os seus premios

As persoas gañadoras do concurso Choqueirada na casa reciben os seus premios

Categoría adulta

Categoría adulta

Na tarde deste 8 de marzo efectuouse a entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso fotográfico Choqueirada na casa. As recompensas consisten en vales de compra para utilizar nos estabelecementos locais que participaron nesta iniciativa que se concibiu para o Entroido pobrense neste 2021. Para as categorías infantil, xuvenil, adulta e familiar estabelecéronse 3 galardóns (o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 e o terceiro de 100), mentres que á foto antiga se lle asignou o especial de 200 euros.

Categoría infantil

Categoría infantil

Encargouse de efectua-la entrega a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro.

Categoría xuvenil

Categoría xuvenil

Das máis de cen fotografías presentadas, o xurado ditaminou no 26 de febreiro que as distincións recaesen da seguinte maneira: na modalidade infantil, o primeiro galardón para ‘A raíña das flores murchas’, o segundo para ‘Sra. Marquesa’ e o terceiro para ‘A vella do visillo’; na xuvenil, ‘Unha vella nos tempos da COVID’ de primeira e os outros dous sen adxudicar por non se presentaren máis fotos; na adulta, ‘Moscón Fardón’ co primeiro posto, seguido de ‘A ladroa dos calcetíns da lavadora’ e de ‘A Queen da casa’. No que respecta á familiar, o ouro a ‘A familia Trapisonda’, a prata a ‘El inviolable’ e o bronce a ‘Secretos de choqueiros confinados’. Por outra banda, o premio especial á imaxe antiga para ‘Luces de bohemia nos Xardíns de Valle-Inclán’.

Categoría familiar

Categoría familiar

O dito concurso botou a andar coa pretensión de conxuga-lo desfrute da tradición entroideira co feito de pór en valor a recuperación da figura do choqueiro respectando as medidas sanitarias estabelecidas por mor da COVID-19.

Imaxe antiga

Imaxe antiga