Últimas Novas

ASEMBLEA VECIÑAL 12 de febreiro ás 20.30 h na Granxa (Santa Cruz): ven e opina en directo!

ASEMBLEA VECIÑAL 12 de febreiro ás 20.30 h na Granxa (Santa Cruz): ven e opina en directo!

           Neste mércores 12 de febreiro de 2020, a asemblea veciñal será na escola da Granxa, en Santa Cruz, ás 20.30 h como xa vén sendo habitual nesta rolda de asembleas entre o Goberno do Concello da Pobra do Caramiñal e toda a veciñanza interesada en participar.

Presentarase tamén o proxecto para un novo centro sociocultural.

Ven e presenta a túa proposta!

 

Podedes consulta-la información íntegra sobre a rolda de asembleas veciñais co Concello da Pobra na seguinte ligazón:

ASEMBLEAS VECIÑAIS febreiro 2020: ven e dálle ó Concello a túa opinión!