Últimas Novas

Nova rolda de ASEMBLEAS VECIÑAIS co Concello da Pobra do Caramiñal: a partir de martes 3 de marzo

Nova rolda de ASEMBLEAS VECIÑAIS co Concello da Pobra do Caramiñal: a partir de martes 3 de marzo

          Informámo-la nosa veciñanza de que se adía o resto das asembleas co equipo de goberno do Concello para despois do Entroido.

Será entón a próxima asemblea na Ponte Barbanza, martes 3 de marzo de 2020;

na Angustia, martes 10 de marzo;

no centro, xoves 12 de marzo.

Perdoade as molestias pola mudanza da axenda.

Esperámosvos con tódalas vosas preguntas e suxestións para o Concello!