Últimas Novas

Audiovisual pola igualdade de xénero: “Na súa pel”, 29 de novembro ás 20 h no auditorio do Museo Valle-Inclán

Audiovisual pola igualdade de xénero: “Na súa pel”, 29 de novembro ás 20 h no auditorio do Museo Valle-Inclán

       No día 29 de novembro de 2019, ás 20 h do serán no auditorio do Museo Valle-Inclán, terémo-la presentación do audiovisual Na súa pel, realizado por VouFilms e protagonizado por un grupo de rapazas e rapaces da Pobra do Caramiñal.

Trala presentación do dito audiovisual terémo-la oportunidade de debatermos e conversarmos coas persoas protagonistas.

Esta actividade encádrase no seo da programación xeral do Concello da Pobra do Caramiñal polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Contaremos tamén como intervenientes coa concelleira e mais con traballadoras da Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal.

Queredes saber como sería realmente estardes “na súa pel”? Imaxinástelo algunha vez?

Pois….non o perdades!!!

Semana do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: proseguen as actividades na Pobra do Caramiñal!