Últimas Novas

Aviso por un episodio dun fenómeno meteorolóxico adverso

Aviso por un episodio dun fenómeno meteorolóxico adverso

Dende a Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal recoméndase, a partir das 16.00 horas, non estaciona-los vehículos na zona de Venecia. A motivación deste aviso é o fenómeno meteorolóxico adverso do nivel amarelo para a xornada de hoxe e que, ás 18.30 horas, estará a marea moi alta xunto con choiva e vento do sur, polo cal se poden producir desbordamentos.

Así mesmo, solicítase extrema-las precaucións, evitar saír ao mar ou transitar por zonas próximas, absterse de saír á rúa na medida do posible e ter cautela polas estradas.

En caso de calquera incidencia, pódense poñer en contacto coa Protección Civil, coa Policía local ou co 112.