Últimas Novas

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN. CURSO 2018-2019.

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN. CURSO 2018-2019.

Aberta a convocatoria das axudas para a escolarización destinadas a familias con problemática socio-económica para o curso 2018-2019.

Poderán beneficiarse destas axudas todas as persoas empadroadas no Concello da Pobra do Caramiñal que, durante o curso 2018-2019, cursen estudos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal pobrense, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídas en programas de intervención familiar dos servizos sociais municipais ou que presenten unha grave situación de desvantaxe ou risco social e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Para máis información ou solicitude da axuda, as persoas interesadas, poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal.

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 24 de xullo de 2018.

Autorizacion datos AEAT

Certificado colexio

Solicitude de axudas para a escolarización curso 2018-19