Últimas Novas

BLOG DA AEDL

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello da Pobra do Caramiñal acaba de poñer en marcha un blog coa finalidade de compartir toda a información relevante no eido do emprego e o desenvolvemento local.

A través del informarase puntualmente de ofertas de emprego, subvencións, axudas, cursos de formación, bolsas de emprego municipais e outras noticias, eventos ou informacións que poidan ser de interese.

O enlace para poder acceder a el é

https://aedlpobradocaraminal.blogspot.com