Últimas Novas

BONO CONCILIA 2018 -2019

BONO CONCILIA 2018 -2019

A Consellería de Política Social vén de publicar a convocatoria que regula as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono Concilia.

O prazo para formalizar as solicitudes de acollemento a esta axuda estará aberto ata o vindeiro 3 de agosto.

As persoas interesadas poden consultar as bases no DOG do 3 de xullo de 2018, ou achegarse ás oficinas do departamento de Servizos Sociais, na rúa Castelao.