Últimas Novas

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN: castración e marcaxe do teu animal

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN: castración e marcaxe do teu animal

0 comments

O Concello da Pobra do Caramiñal, por proposta da Protectora Moura, quere divulgar unha nova campaña para a castración e marcaxe de animais domésticos (cans, cadelas, gatos e gatas).

Para fomenta-la castración e a marcaxe (colocación do chip) dos animais,  durante todo o MES DE MARZO DE 2019 vai haber prezos reducidos na consulta veterinaria indicada no cartel.

Para podelo facer, só hai que chamar ó 981-842784 da dita consulta veterinaria e concerta-la cita.

A castración destes animais facilita que non haxa camadas non desexadas que acaben con animais abandonados. A marcaxe dos animais facilita a localización das persoas propietarias en caso de perda. Esta marcaxe é o que se coñece coloquialmente como *“chipeado”, ou colocación do chip necesario: consiste sinxelamente en inserir debaixo da pel do animal un pequeno chip de lectura electrónica. A súa colocación é indolora e sempre se fai por parte de persoal veterinario.

Ademais, no artigo 12 da lei galega correspondente, a Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía, aparece recollida como obriga a identificación dos animais DA ESPECIE CANINA SEN EXCEPCIÓN. O animal deberá ser identificado dentro dos seus tres primeiros meses de vida e, en todo caso, antes de ser obxecto de transmisión.

 

O mesmo artigo da lei recolle que a identificación comprende o sistema de marcaxe legalmente estabelecido, a expedición do correspondente documento de identificación ou pasaporte nos casos en que corresponder, e a inscrición do animal no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC).

 

No artigo 39 da dita Lei 4/2017 aparecen as infraccións graves, entre as cales está a non identificación dos animais, se é obrigatoria, e no artigo 41 aparecen rexistradas as sancións pecuniarias  para estas infraccións graves, con multas de 501 a 5.000 euros.

Así que, por responsabilidade e legalidade con eles/as, cástraos/as  e márcaos/as!!

 

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.