CARLOS BLANCO “AO VIVO (DE MOMENTO…)". VENRES 2 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H. NO TEATRO ELMA
Espectáculo imprescindible no que Carlos Blanco, un dos principais humoristas galegos, repasa dez anos do seus monólogos máis exitosos. Unha visión lúdica do país coa actualidade do día e cos temas de sempre. Unha inxección de socarronería nos tempos incertos nos que vivimos. Carlos Blanco no seu mellor momento. “Carlos Blanco AO VIVO (de momento…)”.