Últimas Novas

‘Casting’ para unha curtametraxe de Zeitun Films

‘Casting’ para unha curtametraxe de Zeitun Films

Zeitun Films realizará a vindeira semana un casting no Auditorio de Rianxo para buscar actores, actrices e figurantes para unha curtametraxe. As datas concretas da proba son o martes 29 e o mércores 30.

A veciñanza da Pobra que así o desexe pode presentarse atendendo aos perfís que buscan e requisitos.

Necesaria a inscrición previa antes do 28 de setembro en castingrompente@gmail.com ou por whatsapp no teléfono 644908607. Indicaranse datos de contacto e achegarase unha foto recente.

O casting desenvolverase seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.