Últimas Novas

En agosto continúan as viaxes en catamarán dende A Pobra do Caramiñal

En agosto continúan as viaxes en catamarán dende A Pobra do Caramiñal

0 comments

   Domingo 21 de xullo de 2019 viaxaremos á illa de Ons: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 17:30 h aproximadamente.

Cada adulto/a deberá pagar 21€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 12€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.

 

Domingo 4 de agosto de 2019 viaxaremos ás illas Cíes: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 19:30 h aproximadamente.

Cada persoa adulta deberá pagar 25€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 15€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.

 

Domingo 25 de agosto de 2019 viaxaremos viaxaremos pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla.

A hora de saída dependerá da marea.

Durante a viaxe iranse explicando os lugares de interese. Quen o desexar poderá levar algún petisco, aínda que haberá ágape de empanada e viño.

No catamarán iremos navegando por parte da Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Iria Flavia.

É unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso polo río Ulla verase a costa de ámbolos lados da ría da Arousa: Boiro, Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Catoira e Pontecesures; praias, calas, cabos, enseadas, pontes, os cruceiros que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundoas torres de Oeste.

As prazas son limitadas. As persoas interesadas en calquera das viaxes deben reservar e realiza-lo pagamento antes do día da viaxe, da seguinte maneira:

 

  1. A través da páxina web da empresa navieira: www.piratasdenabia.com

Tódalas persoas deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos e número de documento de identificación.

  1. Teléfono 986 320 048, no horario de 9:00 a 20:00 h

Tódalas persoas viaxeiras deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos, número de documento de identificación.

Para realiza-lo pagamento deberá proporcionar un número de tarxeta (nunca o PIN), coma se se tratase dunha compra pola Internet. Recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retira-los seus billetes.

Informarémolo/a:

  • na Casa Mariñeira (oficina de turismo) en horario de luns a venres das 10:00 ás 14:00 h e das 18:00 a 20:00 h
  • no punto de información turística da Pobra do Caramiñal instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado, das 11.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 20.00 h
  • chamando ó número de teléfono 671 090 262 ou ó  687 482 835

na páxina do Facebook oficial de Turismo, chamado Turismo A Pobra do Caramiñal, ou tamén a través desta web municipal: apobra.gal   

 

É unha iniciativa da Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.

 

 

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.