Últimas Novas

Cía. Sincronacidas presenta “Ohlimpiadas”: 1 de agosto ás 20.30 h no Cantón da Leña

Cía. Sincronacidas presenta “Ohlimpiadas”: 1 de agosto ás 20.30 h no Cantón da Leña

Cía. Sincronacidas presenta “Ohlimpiadas”

Xoves, 1 de agosto de 2019 ás 20.30 h no Cantón da Leña

(Se vai mal tempo, no teatro Elma.)

Proposta fresca e divertida na cal dúas limpadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratase. O día a día narrado coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construír un mundo absurdo e disparatado. 

O espectáculo conta, ademais, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos da TVE. 

Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza, as piruetas acrobáticas e, por suposto, todo regado cunha boa dose de humor que dá soporte a este mundo de disparate que construímos para o deleite de tódolos públicos.

Espectáculo gañador do Premio Fetén ó Mellor Espectáculo de Rúa 2019

 Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal

en colaboración co programa Cultura no Camiño, da Agadic (da Xunta de Galiza).