Últimas Novas

Ciclo de cinema etnográfico en galego VENRES 13 DE DECEMBRO ás 19 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán

Ciclo de cinema etnográfico en galego VENRES 13 DE DECEMBRO ás 19 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán

Neste venres 13 de decembro de 2019, a partir das 19 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán, poderemos desfrutar dun ciclo de cinema etnográfico galego e en lingua galega.

Será unha estupenda oportunidade de coñecermos máis sobre as nosas paisaxes, os nosos costumes e os nosos modos de vida baixo un ollar artístico.

A entrada será gratuíta.

Na primeira sesión proxectaremos unha serie de curtametraxes (sobre tres cuartos de hora de duración en total) e, a seguir, na segunda sesión, veremos unha longametraxe, “Os fillos da vide”, de 69 min de duración, dirixido por Ana Domínguez.

Terémo-la posibilidade de manter un coloquio coa directora e mais con Ángel Rueda, director de fotografía do filme.

Non o perdades!

É unha iniciativa da área da Cultura da Deputación da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Pobra do Caramiñal.