Últimas Novas

“Cinco minutos sen respirar”: teatro en galego contra a violencia de xénero, domingo 24 de novembro ás 19 h no Elma

“Cinco minutos sen respirar”: teatro en galego contra a violencia de xénero, domingo 24 de novembro ás 19 h no Elma

“NÓS, CONTRA A VIOLENCIA” 

        Neste domingo, 24 de novembro de 2019, ás 19 h  no teatro Elma, continúa a programación de actividades do Concello da Pobra do Caramiñal con ocasión da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Desta volta visítano-la compañía Ítaca Teatro para nos deixar Cinco minutos sen respirar, unha obra do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, traducida á nosa lingua, que nos fala da violencia de xénero, dos abusos bancarios, da explotación laboral e de moitas outras cuestións da vida cotiá.

Cinco minutos sen respirar é unha das actividades enmarcadas na campaña “NÓS, CONTRA A VIOLENCIA”, realizada conxuntamente entre a Secretaría Xeral da Igualdade e maila Secretaría Xeral da Política Lingüística da Xunta, que combina a dinamización da lingua galega coa sensibilización fronte á violencia de xénero.

A campaña “NÓS, CONTRA A VIOLENCIA” desenvólvese asemade no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e nela inclúense actividades de teatro, de música, obradoiros, contacontos e outros materiais que iremos dando a coñecer proximamente.

“NÓS, CONTRA A VIOLENCIA” é unha campaña que está activa en concellos galegos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, na cal se inclúe dende este verán de 2019 o Concello da Pobra do Caramiñal, xunto con outro cento de entidades locais galegas.

Entrada gratuíta ata se enche-la cabida do local

Coordinan: O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Pobra do Caramiñal e maila súa Concellaría da Igualdade

Máis información sobre a obra teatral deste domingo na Pobra en

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/axenda?evento=61226&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/rede-de-dinamizacion-linguistica/programas/_/contido_0143/nos-contra-violencia