Concellaría da Educación

A súa misión principal é atende-las necesidades en materia educativa que son de potestade municipal. Asume, polo tanto, a relación cos centros educativos, independentemente do grao da ensinanza, e coas asociacións artelladas neste eido, ademais de lles proporciona-los recursos que precisan e que son competencia da Administración local, tales como as axudas ás asociacións de nais e pais. Ocúpase tamén do mantemento daqueles edificios onde se imparte a docencia, como, por exemplo, as escolas unitarias, para adecuar e mellora-los espazos cara a un mellor desenvolvemento da actividade educativa.