Concellaría da Facenda

Encárgase da xestión dos ingresos e gastos do Concello, así como da administración dos tributos e impostos municipais. É a súa función, polo tanto, a obtención de recursos financeiros para o desenvolvemento da actividade municipal mediante a xestión dos tributos e a solicitude de axudas por parte doutros organismos públicos. Correspóndelle igualmente a elaboración dos proxectos orzamentarios, a contabilidade, a recadación, a planificación económica e a constitución dos instrumentos financeiros que se consideren oportunos.