O seu obxectivo principal é contribuír a reduci-las desigualdades existentes entre mulleres e homes, impulsando políticas transversais e de acción positiva e artellando mecanismos de prevención e tratamento específicos para as situacións de violencia de xénero. Esta área dispón de recursos para ofrecer unha atención e intervención global dirixida ás mulleres cos cales proporcionarlles información, orientación, asesoramento xurídico e atención psicolóxica. Ademais, o equipo encárgase da programación, planificación, intervención e realización de proxectos de dinamización de políticas de igualdade.
Programa de promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero
O servizo de información, asesoramento xurídico e atención psicolóxica presta unha atención integral personalizada e confidencial a mulleres vítimas de violencia de xénero, así como a mulleres en situación de vulnerabilidade, intentando mellorar a súa situación persoal, social e laboral, ademais de prestar atención tamén as súas fillas e fillos.
O horario é nos luns de
08.30 a 13.30 e de 15.30 a 18.30 horas, e nos martes, mércores, xoves e venres,
de 08.30 a 13.30 horas.
Obxectivos:
–
Prestar atención,
información, apoio, asesoramento xurídico e atención psicolóxica as vítimas de
violencia de xénero para mellora-la súa situación persoal, social e laboral e a
aquelas mulleres en situación de vulnerabilidade.
–
Promociona-la
igualdade como medida para previ-la violencia de xénero.
Resultados:
Proporcionar unha
atención integral ás vítimas de violencia e previ-la violencia de xénero, así
coma dar apoio, información, orientación e atención a tódalas mulleres en situación
de vulnerabilidade que o precisen.
Esta actividade está
cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de previ-la violencia de xénero.
Cookie | Duration | Description |
---|---|---|
cookielawinfo-checbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |