Concellaría da Memoria Histórica

Procúrase unha busca de información para compor unha memoria o máis obxectiva que se poida e con base en 3 eixes: a memoria colectiva, a memoria histórica e a memoria democrática. Os obxectivos son recuperar historias e a memoria histórica no concello; pór en valor as xentes e os lugares da memoria; retira-los vestixios que enxalcen a Guerra Civil e a ditadura; traballar con persoal investigador e historiador especializado; realizar homenaxes ás persoas mártires e recluídas nos campos de concentración do municipio; desenvolver actividades; e prestar ás familias e ás asociacións o apoio institucional para localizar, exhumar e identificar vítimas da represión franquista.