Concellaría da Mobilidade

Procúrase a humanización e mellora da calidade da urbanización do espazo público, así como a mellora das conexións entre parroquias, lugares e barrios, cun carácter transversal a outras concellarías. Así, dende esta área promóvense diferentes accións coa finalidade de mellora-la accesibilidade da veciñanza na rede de infraestruturas e de edificios de uso público: casa do concello, centros socioculturais, centros educativos, centro de saúde, beirarrúas, implantación de zonas 20, itinerarios seguros etcétera.