Concellaría da Normalización Lingüística

O seu obxectivo é incrementa-lo uso e mailo prestixio da lingua galega en tódolos ámbitos do municipio en xeral. A lingua galega é o noso principal sinal de identidade e o seu emprego enriquécenos en tódolos aspectos, pois posibilítanos unha conexión co mundo lusófono e con outras linguas. O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) existe dende xullo de 2018. Ademais, o Concello fai parte, dende 2019, da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta xunto con outros moitos organismos galegos. O dito servizo traballa na promoción, ensino, difusión e mellora da lingua galega, e sempre en colaboración e á disposición de tódalas entidades locais.