Concellaría da Participación Veciñal

A principal finalidade deste departamento é apoiar e fortalecer todo o tecido asociativo e a participación da veciñanza na toma de decisións co fin de lograr un maior compromiso e implicación de todas e todos na construción colectiva do concello. Outros dos obxectivos son supervisar e actualizar un rexistro de asociacións do municipio; regular e fomentar un maior asociacionismo; pór en funcionamento o Regulamento de participación veciñal; fomentar relacións entre os colectivos veciñais e tamén a súa relación coa Administración local; crear e impulsar consellos veciñais; e atender demandas da veciñanza.