Concellaría da Promoción Económica

Encárgase fundamentalmente da elaboración de estratexias e instrumentos cos cales contribuír para o desenvolvemento do municipio traballando en colaboración cos sectores produtivos. Apóiase, ademais, o tecido empresarial con diferentes accións de dinamización para reforzar, en especial, o comercio e a hostalaría, e manter un estreito contacto cos locais da contorna. Asume tamén a materialización de programas formativos, o fomento do emprego e a orientación laboral. Todo iso forma un conxunto de medidas que buscan redundar no crecemento económico da Pobra do Caramiñal.