Concellaría da Sanidade

Traballa no seguimento e control da saúde pública no municipio, especialmente nesta etapa marcada pola pandemia derivada da COVID-19. Atende, así mesmo, dentro das competencias municipais, as necesidades que poida presenta-lo centro de saúde da localidade coa finalidade de ofrecer un mellor servizo á cidadanía e xestiona as relacións con outros organismos en materia sanitaria. Tamén promove actividades coas cales fomentar uns hábitos de vida sa e que contribúan para o benestar veciñal, ademais de informar e sensibilizar sobre diversas doenzas.