Concellaría da Seguridade

Garanti-la seguridade cidadá e velar pola protección da veciñanza é a súa finalidade. En estreita colaboración coa Policía local e coas persoas voluntarias da Protección Civil, algunhas das liñas de traballo son a ordenación e regulación do tráfico, o control da seguridade do municipio (ben sexa por cuestións sociais ou meteorolóxicas), coordina-la vixilancia e intervencións, dota-los referidos corpos do persoal de instrumentos necesarios para que poidan levar a cabo de maneira óptima as tarefas encomendadas, e estudar e pór en funcionamento medidas que contribúan á protección e tranquilidade da veciñanza.