Concellaría das Obras

En estreita relación coa Área do Urbanismo, xestiónanse proxectos e obras municipais que se promoven dende a propia Administración local, sexan financiadas exclusivamente con fondos propios ou con achegas doutros organismos públicos, ademais de prestar apoio técnico ás intervencións do resto de concellarías. Tamén se tramitan aquelas actuacións de carácter privado que se realizan na vía pública. A coordinación e inspección de obras municipais, a supervisión ou a xestión integral do mantemento de instalacións públicas son algúns exemplos dos labores administrativos que se levan a cabo.