Concellaría das Relacións Institucionais

O seu obxectivo fundamental é crear, manter e consolida-los vínculos da Administración local con outros organismos, públicos ou privados, de diversa índole e distintos niveis de alcance. Encárgase, polo tanto, das relacións entre os entes que colaboran na actividade administrativa do termo municipal: representación e organización de actos, formalización de convenios, participación en proxectos… Evidencia, polo tanto, unha retroalimentación construtiva entre as partes implicadas. As relacións institucionais no Concello son de natureza interna e externa.