Concellaría de Cultura

Este departamento ocúpase das diferentes actividades culturais e de ocio que se realizan durante todo o ano no noso concello, cunha programación ampla e variada, na cal se inclúen diversas disciplinas. Un dos obxectivos é o de tentar dinamiza-la actividade creativa e cultural da vila, así como ofrecerlle á súa xente a posibilidade de participar das xornadas lúdicas que se organizan, tanto como receptora coma na calidade de partícipe activa delas. Tamén coordina esta área o Servizo da Normalización Lingüística (SNL), que traballa na promoción do uso e incremento do prestixio da lingua galega en tódolos ámbitos do municipio.