Concellaría do Benestar Animal

Regula a convivencia cos animais e unha tenza dende a responsabilidade e dende a procura dunha relación máis ética. Conseguir unha integración máis xusta dos animais na vida e nos espazos públicos será un labor conxunto. É necesario levar a cabo campañas de sensibilización en colaboración coas asociacións animalistas para avanzar na construción dunha sociedade máis concienciada sobre as necesidades dos animais. Unha mostra das accións desenvolvidas por esta área son a praia canina que comprende o último tramo dos Areos, en dirección ó Maño, e outras actuacións focalizadas na protección das colonias felinas.