Concellaría do Desenvolvemento Local

Este departamento ten por obxecto materializa-los programas de formación, fomento do emprego, orientación laboral e complementa-la promoción económica. Búscase, polo tanto, integrar en todo o proceso tódolos actores sociais do municipio, dende a propia Administración local ata o tecido empresarial e, por suposto, a veciñanza. Neste senso, planifícanse e desenvólvense actividades dirixidas ó apoderamento de todo o que ten que ver co eido local, dende a cidadanía, o territorio ou a produción, e sempre dende un punto de vista da sustentabilidade e integrador.