Concellaría do Medio Ambiente

Os principais eixes de acción desta área son coordina-las tarefas relacionadas co control das verteduras; xestionar e organiza-los labores no que respecta á xestión da biomasa; atender e informa-la veciñanza nos ámbitos competentes; tramitar e xustificar subvencións en relación con actuacións medioambientais municipais e convocadas por organismos estatais e autonómicos; participar na elaboración de ordenanzas relacionadas co medio ambiente; contribuír á sensibilización ambiental municipal; e colaborar na xestión de traballos relacionados coa presenza de residuos na vía pública.

 

O concello da Pobra do Caramiñal ten subscrito coa Consellería de Medio Rural  un convenio de colaboración para a participación na prevención de incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.