Concellaría do Patrimonio

O seu obxectivo principal é o fomento da recuperación e protección de construcións e obxectos cun evidente interese histórico, así como de todo aquilo que, a de pesar de ser inmaterial, fai parte da nosa identidade como pobo. Trátase, polo tanto, de botármo-la vista atrás para comprendérmo-lo presente e de sabermos de onde vimos para entendermos onde estamos. Para iso, promóvese a rehabilitación de edificios (de seren públicos, directamente a través da Administración local, cos trámites e permisos pertinentes e, de seren privados, mediante os necesarios contactos e xestións coas persoas propietarias), ademais do impulso de xornadas de divulgación. Con todas estas accións, preténdese salvagardar e pór en valor o patrimonio material e inmaterial.